Sunday 05 de May de 2024

Continúa aberto o prazo de participación no concurso que busca o cartel das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán


Con motivo do Día Internacional dos Museos, que se conmemorou no 18 de maio, a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), botou a anda-la primeira edición do concurso que busca o cartel para a promoción das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.

O prazo de recepción de orixinais prosegue aberto ata o día 15 de agosto e o premio consistirá na publicación da lámina e unha dotación económica de 700 euros.

A técnica e o deseño son libres, inspirándose no escritor Ramón del Valle-Inclán. Empregarase como material cartolina ou papel semellante, do tamaño A3, cun pseudónimo pola parte traseira e o obrigado uso do slogan “XXIV XORNADAS DE HOMENAXE A VALLE-INCLÁN. Museo Valle-Inclán, A Pobra do Caramiñal – outubro 2022.” Ó certame poderán concorrer cantas persoas artistas e deseñadoras estean interesadas, maiores de 18 anos. Entregarase un máximo de dúas obras por autor/a e proporcionaranse tamén en formato dixitalizado no Museo Valle-Inclán, no rexistro do Concello ou por correo certificado. O xurado estará composto por persoal relacionado co mundo da cultura e deseño.

As bases completas están ó dispor na páxina web www.apobra.gal.